Aprendizaje, lectura y autonomía

La lectura es la principal herramienta del aprendizaje reglado y formal. Si logramos, de forma autónoma, comprender los textos con los contenidos de las diferentes materias, se nos abrirá un horizonte de aprendizaje sin límites.

Un día los alumnos censuraron a su profesor:

-Nos cuentas historias y nos das lecciones, pero no nos dices cómo entenderlas.

-¿Qué diríais vosotros, respondió el profesor, si alguien que viene a venderos fruta, después de enseñarla, se la comiera, dejándoos sólo la cáscara?

Proverbio chino

martes, 19 de febrero de 2013

Actividades LIM: O reino dos mil chanzos



A Federación ASPACE Castelán Leonesa atendeu a miña suxestión sobre a publicación en galego do conto El reino de los mil escalones, escrito por Manuel Ferrero e ilustrado por Laura Bécares, algo que agradecemos.
A través deste conto podemos conseguir obxectivos coma educar no mundo dos valores en xeral, e en particular a aceptación do diferente, a empatía, o degoiro de ser capaz e a liberación dos prexuízos.
Este conto non comeza coma os outros cun Érase unha vez, senón cun Déixame probar dunha vez. A protagonista é Agostiña, unha rapaza con parálise cerebral que libera a unha vila dun xigante malvado, metáfora da sociedade falta de empatía que despreza ao diferente ou que non lle deixa acadar a autonomía a que ten dereito. Tódalas escenas, mitos, persoas e clixés serven de escusa para que a protagonista ache o seu lugar no mundo, non sen antes loitar moitísimo.
Realizamos unhas as actividades sobre o conto O reino dos mil chanzos. A pretensión é potenciar a comprensión lectora, a educación en valores e facer máis visibles ás persoas con parálise cerebral. Dedicámoslle toda unha páxina a estas actividades ás que se pode acceder facendo clic no enlace “O REINO DOS MIL CHANZOS. Actividades LIM)”, situado despois do debuxo da cabeceira da bitácora. Aquí só imos incrustar o primeiro libro de actividades a modo de exemplo. Tamén engadimos un ficheiro *pdf con actividades de lapis e papel para imprimir.
É un proxecto solidario de ASPACE  (Asociacións de Atención a Persoas con Parálisis Cerebral e Discapacidades Afíns) de Castela e León que agora podemos desfrutar en galego. Os autores do conto cederon os beneficios a ASPACE polo que o produto da venda vai parar integramente a esta asociación.
O libro pódese pedir, ademais das librerías de conto infantil, a:
Federación ASPACE de Castilla y León
Teléfono 983 246 798
ou
Editorial Lobo Sapiens
Teléfono 987 170 652
 Descarga actividades *pdf